| Venres 22 de marzo. 2024
| De 10:30 a 12:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| En caso de choiva no Pavillón Municipal dos Deportes
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño
A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño organizan co alumnado dos centros educativos do Porriño, a actividade educativa que levará a cabo o FCC Aqualia Consorcio de Augas do Louro o venres 22 de marzo na praza Arquitecto Antonio Palacios (en caso de choiva no Pavillón Municipal do Deporte) de 10:30 a 12:00 h, para conmemorar o Día Mundial da Auga 2024.
O obxectivo xeral desta actividade é crear conciencia no alumando da importancia da auga para o noso benestar e o dos ecosistemas e tódolos seus compoñentes.
Os obxectivos específicos son:
- Que o alumnado comprenda a necesidade de aforrar auga ou de ser máis eficientes no seu consumo.
- Comprender a importancia da auga, da auga potabilizada e ser conscientes da sorte de tela dispoñible.
- Que o alumnado recorde o ciclo da auga, a súa procedencia, puntos de acumulación e captación e ciclo humano.
- Comprender que as augas residuais supoñen unha problemática si non hai unha xestión e unha depuración na súa devolución ao ciclo da auga.
- Coñecer as fases de depuración da auga para que chegue o máis limpa posible aos ríos.
- Comprender o poder das súas accións para facer máis eficiente o uso da auga e a devolución ao ciclo natural.
- Aprender mediante o xogo todo o anteriormente citado.
A relación de actividades que realizara o alumnado cos monitores (trasladada pola entidade organizadora) é a seguinte:
- Trala chegada dos rapaces, realizarase unha presentación institucional, unha presentación da actividade, dos educadores e do proxecto do “Día da auga 2024”.
- Dividirase ao alumnado en subgrupos, que se separarán con cadanseu monitor-educador nun espazo concreto.
- Cada educador fará unha presentación do ciclo da auga, explicará o seu ciclo natural e a importancia deste recurso, por medio de fichas didácticas e dun xogo de tarxetas onde cada alumna e alumno terá que explicar a súa vinculación propia en base ao debuxo que lle tocou. Seguidamente, realizarase un xogo sobre a posibilidade de tirar polo sanitario diferentes elementos que o educador irá ensinando e citando, para que o alumnado responda (e desprace unhas pelotas en función desa resposta), e se resolvan as dúbidas que poidan aparecer.
- A seguinte parte da actividade, supon a explicación da depuración da auga que chega a unha EDAR, dende a entrada da auga, pretratamento, decantación primaria o procesado biolóxico, o UV ata a saída da auga. Cada un dos procesos será recreado mediante un xogo, que fixará os diferentes conceptos no alumnado ao comprender, de forma lúdica, o seu funcionamiento.
- Trala finalización dos xogos de depuración, cada alumno e alumna realizará nunha folla a explicación do seu “compromiso coa auga”, que levarán para a súa casa para ser conscientes da necesidade e da súa importancia e implicar á familia á súa chegada ao fogar.
- Por último, realizarase unha proba de medición de cloro das augas, para ensinarlle ao alumnado a parte química e que comprendan que na auga existen compuestos que axudan á súa potabilidade, para darlle valor á mesma, contribuindo a crear unha forma de vida máis eficiente.
- Por último realizarase unha pequena actividade que peche as dinámicas e sirva como despedida dos educadores.
Participan nesta actividade o alumnado de 4º de primaria dos centros educativos: CEIP Antonio Palacios, CEIP Xosé Fernánadez López, CEIP de Atios e CPR Hnos. Quiroga.
O total de participantes é de 148 alumnos/as.