Día da Xuventude 2023

| Sábado 25 de marzo. 2023
| De 16:00 a 21:00 h
Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Día da Xuventude 2023

Organizan: Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Concellería de Educación e OMIX.
Programa cofinanciado polo Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables.


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, pon en marcha un novo programa de lecer e educación non formal dirixido aos mozos e mozas galegos.

Deste xeito búscase celebrar e poñer en valor o “Día da Xuventude” cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en ata 30 concellos diferentes das catro provincias galegas.

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

  • Punto de información: información dos programas de Xuventude.
  • Dinamización do entorno: música ambiente. Actuación: sesión DJ con Pitty (20:30 h)
  • Gastronomía saudable: nutrivial e show cooking con produtos locais e de tempada.
  • Lecer educativo: Fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.
  • Concienciación ambiental: experimentos, fenómenos relacionados co cambio climático. Biodiversidade. Na variedade está o éxito
  • Igualdade de xénero: violencia ao azar, análise de comportamentos. Onde está o límite?. As relacións tóxicas existen
  • Taller de graffiti: saca o artista que levas dentro. O mural colectivo.
  • Habilidades para a empregabilidade: currículo creativo e recursos.

5 obxectivos

  1. Facilitar á mocidade galega a posibilidade de participar nun programa de actividades lúdico-formativas que contribúa ao seu enriquecemento persoal mediante aprendizaxes non formais.
  2. Fomentar a participación, o ocio e o lecer saudable entre a mocidade galega.
  3. Transmitir valores á xuventude a través de actividades que requiran do traballo en equipo, colaboración mutua e que fomenten o respecto, a igualdade, a inclusión e o espírito deportivo.
  4. Achegar ás persoas mozas información dos programas que desenvolve a Xunta de Galicia destinados á mocidade, así como dos recursos públicos que están á súa disposición.
  5. Ampliar as ferramentas de conciliación e espazos de coidado a disposición das familias galegas.

Día da Xuventude 2023


Concellería de Educación do Concello do Porriño OMIXCabecera-web-ecultura.png