| Venres 28 de xuño e mércores 3 de xullo. 2024
| Ás 21:00 h o venres e ás 20:00 h o mércores
| Na praza Arquitecto Antonio Palacios o venres, e no Centro Cultural Municipal o coloquio do mércores
Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024 + Concerto: Las Antonias + Coloquio: A diversidade, parte de nós. Celebra o Orgullo
Concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024
Venres 28 de xuño, ás 21:00 h, na praza Arq. Antonio Palacios
O Concello do Porriño celebra o concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024 co obxectivo de elixir o Drag Queen do Porriño Orgulloso do ano 2024 do Concello do Porriño. Terá lugar o venres 28 de xuño, ás 21:00 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios. Ademais gozaremos do concerto de Las Antonias.
Concerto: Las Antonias
Venres 28 de xuño, a partir das 21:00 h, na praza Arq. Antonio Palacios
Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, vasoiriñas melódicas e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrintes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.
As Antonias é grupo conformado por Antonia Le (Ana Le), Antonia Colorees (Mamen Bazarra), e Antonia Pentagramas (Elena García-Fresca). Nos últimos meses incorporaron membros novos para ofertar así unha formación máis completa, incluíndo a Antonia A Feira (Sabela Caridade) á percusión. Ao berro de Todos somos As Antonias! inclúen a participación de homes e mulleres no seu espectáculo.
O seu primeiro traballo “Boleros” e outras delicias faranche pasar momentos inesquecibles.
Coloquio: A diversidade, parte de nós. Celebra o Orgullo
Mércores 3 de xullo, ás 20:00 h, no Centro Cultural Municipal
Ás actividades de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ complétanse o mércores día 3 de xullo co coloquio realizado por Robe Mattia e Grey Olivera, dúas activistas de Nós Mesmas desde fai máis de 8 anos.
A través da súa experiencia persoal e activista, achegarán que é a diversidade afectiva-sexual, de xénero e familiar á ciudadanía, resolvendo dúbidas e rompendo mitos e tabúes.
Falarán da a situación real do colectivo, dereitos, reivindicacións de futuro e delitos de odio e a importancia de conmemorar o Orgullo en todas as localidades coa implicación de todos os axentes sociais.