| Martes 28 xuño. 2022
| Ás 22:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Espectáculos: “Ésta es mi vida” e “Lili Marlem show”
David Bugarín
David Bugarín produtor de espectáculos e eventos, artista e Drag Queen nacido en O Porriño. Deu vida a Drag Star en agosto do 2016, da man do coñecido transformista e humorista Cristian de Samil, presentándose a varios concursos da zona e levándome premios en todos polo carisma, posta en escena, vestiario etc.
Traballou desde o 2014 en musicais infantís e espectáculos de variedades. En 2017 volve converterse en gañador da gala drag con máis prestixio en Galicia e é aí cando a cousa empeza a crecer, comezando así co seu propio show en Island Club Vigo todas as fins de semana… en setembro de 2017 entrou a formar parte da orquestra M-3 Show como artista, performance e director artístico.
É no ano 2018 cando se embarca nun cruceiro polo Mediterráneo coñecendo sitios como Francia, Italia, entre outros, e ensinando a súa mellor faceta. Destacan tamén as aparicións en programanas da Televisión de Galicia como Luar, Bamboleo, Sabadeando, Que nos pillen Rebolando, que mostraron o seu traballo dándolle así a popularidade requirida para facer, durante a pandemia pola Covid 19, unha mini xira de shows por Galicia.
Oliver Soto García
Oliver comezou no mundo drag cando tiña 16 anos, nos entroidos da súa cidade. Naquel momento bailaba para un grupo de comparsa e a gran maioría dos seus compañeiros traballaban no mundo do espectáculo e a noite da cidade das Palmas. Un día como outro calquera, os seus amigos decidiron saír de vestidos muller unha noite e aí foi cando naceu a súa álter ego Marlén, Soto bautizada por unha gran é icónica drag: Lili Marlene. Desde ese momento soubo que nacera nel unha personalidade diferente, máis irresistible, máis feminina. Marlén é unha muller con humor un pouco latina e sobre todo coqueta e sedutora.
De ese día de entroido con 16 anos ata o de agora, Marlén sae a mostrar a súa beleza en concurso, gañando varios: Miss Gai Lanzarote, Miss Gai zona norte e outros moitos. E desde entón ata a actualidade, Marlén será a súa dobre personalidade.