Día do Porriño Orgulloso 2023. Concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2023 e espectáculo “Soy lo que soy” de Drag Star

| Mércores 28 de xuño. 2023
| Ás 20:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Día do Porriño Orgulloso 2023

Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+


O Concello do Porriño convoca o Concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2023 co obxectivo de elixir o Drag Queen do Porriño Orgulloso do ano 2023 do Concello do Porriño, así coma o segundo e terceiro clasificados, que terá lugar o mércores 28 de xuño de 2023, ás 20:00 horas.

Poderán participar neste concurso todas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos antes da celebración do acto e que acheguen, previamente ao concurso, a folla de inscrición oficial así coma os documentos que se solicitan.

As inscricións poderán presentarse de modo presencial no Rexistro Xeral do Concello do Porriño (de luns a venres de 9 a 14 horas) ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño mediante instancia xenérica. O prazo de inscrición ata o día 23 de xuño.

A continuación do Concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2023, terá lugar o espectáculo “Soy lo que soy”, de Drag Star.


Botón descarga as bases do concurso

Botón descarga documento de inscrición

Botón descarga do documento de declaración responsable


“Drag Star”, David Bugarín
co espéctaculo “Soy lo que soy”

A continuación do Concurso a Drag Queen do Porriño Orgulloso 2023

David Bugarín

David Bugarín produtor de espectáculos e eventos, artista e Drag Queen nacido en O Porriño. Deu vida a Drag Star en agosto do 2016, da man do coñecido transformista e humorista Cristian de Samil, presentándose a varios concursos da zona e levándome premios en todos polo carisma, posta en escena, vestiario etc.

Traballou desde o 2014 en musicais infantís e espectáculos de variedades. En 2017 volve converterse en gañador da gala drag con máis prestixio en Galicia e é aí cando a cousa empeza a crecer, comezando así co seu propio show en Island Club Vigo todas as fins de semana… en setembro de 2017 entrou a formar parte da orquestra M-3 Show como artista, performance e director artístico.

É no ano 2018 cando se embarca nun cruceiro polo Mediterráneo coñecendo sitios como Francia, Italia, entre outros, e ensinando a súa mellor faceta. Destacan tamén as aparicións en programanas da Televisión de Galicia como Luar, Bamboleo, Sabadeando, Que nos pillen Rebolando, que mostraron o seu traballo dándolle así a popularidade requirida para facer, durante a pandemia pola Covid 19, unha mini xira de shows por Galicia.


"Drag Star", David Bugarín


Imaxe web ecultura.net