Día Europeo da Información Xuvenil 2025

| Xoves 17 de abril. 2025

Día Europeo da Información Xuvenil 2025

Concellería de Xuventude e OMIX do Porriño


O 17 de abril celébrase en Europa o Día Europeo da Información Xuvenil, coa finalidade de concienciar a poboación sobre as necesidades de información dos mozos e mozas, como unha ferramenta fundamental na súa emancipación e pleno desenvolvemento.

Este ano a campaña #EYID25#domino_a_IA, promovida pola Axencia Europea de Información e Asesoramento Xuvenil (ERYICA) lánzase para conmemorar o Día Europeo da Información Xuvenil 2025. Esta campaña convida a reflexionar sobre o impacto da intelixencia artificial na vida da mocidade e no traballo dos profesionais da información xuvenil. O seu obxectivo é fomentar un uso crítico, responsable e creativo da IA, sen perder de vista o enfoque humano e educativo dos servizos de información xuvenil.

Nun mundo cada vez máis dixital, a Intelixencia Artificial (IA) estase a converter nunha parte integral da vida cotiá. Desde recomendacións musicais personalizadas ata a condución autónoma, a IA está a cambiar a forma en que vivimos, traballamos e interactuamos.

Así mesmo, a celebración desta efeméride pretende visibilizar o labor realizado polos servizos de información para mozos e mozas en toda Europa, papel crucial na promoción de recursos e servizos que os/as axudan a tomar decisións informadas sobre a súa educación, emprego, saúde e participación na sociedade.

Con iso preténdese fomentar o pleno acceso da mocidade a toda a información de maneira obxectiva, veraz, útil e oportuna, que lles permita enfocarse no logro dos seus proxectos de vida, así como procurar a súa participación activa na sociedade.

Desde a Concellería de Xuventude do Concello do Porriño animamos os mozos e mozas a acceder á información útil e interesante sobre o Día Europeo da Información Xuvenil 2025 nas redes sociais. Para iso podedes utilizar os cancelos hashtag #EYID25 e #OwnTheAI.

Esta campaña de @_eryica axudará a entender tanto os beneficios como os riscos da IA, para que a nosa mocidade poida tomar o control de como configurar o seu mundo e ademais é unha ocasión especial que serve para concienciar sobre o dereito da mocidade a acceder a unha información completa e fiable, así como para recoñecer o labor dos traballadores e traballadoras da información xuvenil”, sinala o Concelleiro de Xuventude, Antonio Barros.


A nosa oficina

Oficina OMIX

No noso país, a Rede española de Servizos de Información Xuvenil, #redsij, formada por máis de 3.000 centros de información xuvenil, dependentes das Comunidades Autónomas e Concellos, súmase a este evento.

A nosa Oficina Municipal de Información Xuvenil, co nº de rexistro 36-039-six-063 na Rede Galega de Centros de Información Xuvenil, é unha estructura informativa de carácter municipal que presta servizos de información directamente aos mozos e mozas do Concello do Porriño e contorna.

Ofrecemos á mocidade toda aquela información que poida ser de interese para o seu desenvolvemento persoal, prestando un servizo de atención e asesoramento informativo a través de taboleiros de anuncios, expositores con documentación actualizada sobre temas variados e dun servizo de Atención Individualizada (presencial, telefónico e por correo electrónico).

Ademais, programamos, elaboramos, organizamos e xestionamos a realización e difusión dos diferentes programas, servizos, talleres e actividades dirixidos ás persoas mozas da nosa localidade, centros educativos e público en xeral.

Temos a disposición da mocidade, información de interese en temas como:

  • traballo e formación (recursos para a procura, ofertas…).
  • vivenda (axudas, aloxamento para estudantes…).
  • voluntariado, participación e cooperación (local, internacional, recursos para asociacións…).
  • actividades culturais e deportivas, e inscricións a campañas e programas para mozos.
  • excursións, viaxes, exposicións, campamentos, talleres, convocatorias de concursos…
  • información do Carné Internacional de Estudante, Carné Internacional de Profesor/a, Carné Internacional Mozo, Carné de Alberguista, Carné Xove…
  • e moito mais…

Instalacións

Centro Cultural Municipal do Porriño (planta baixa)
Domingo Bueno, 9. O Porriño


Atención ao público

Luns e martes de 14:00 a 20:00 horas.
Mércores, xoves e venres de 9:00 a 15:00 horas


Info de contacto

986337624 (Ext.: 1)
omix@oporrino.org
Facebook


OMIXCabecera-web-ecultura.png