[PROGRAMACIÓN >>] [GALERÍA FOTOGRÁFICA >>]
PROGRAMACIÓN CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Ciclo: “MULLERES DE CINEMA”
Proxeccións cinematográficas + colóquios
“Mulleres de Cinema”, un ciclo que inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e especialistas en xénero, é unha das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.
Proxección do filme: “JERICÓ, EL INFINITO VUELO DE LOS DÍAS”
(Apta para todos os públicos)
Directora: Catalina Mesa
Dirixe o colóquio posterior Berta Ojea
22 de novembro • Ás 20:00 h. • Círculo Recreativo Cultural
Sinopse > Limiar entre documental e ficción, ‘Jericó, el infinito vuelo de los días’ é un caleidoscopio de retratos íntimos de mulleres do pobo de Jericó, en Antioquia, Colombia. A través dun itinerario sensible e musical técense os encontros e as conversacións entre elas, de idades e condicións sociais diferentes. Unha a unha vanse revelando as súas historias de vida, os seus espazos interiores, o seu sentido do humor e a súa sabedoría. Facetas profundas e auténticas do espírito feminino da nosa cultura que celebran e preservan o patrimonio inmaterial colombiano.
Proxección do filme: “VERANO 1993”
(Apta para todos os públicos)
Directora: Carla Simón
Dirixe o colóquio posterior María Lameiras
25 de novembro • Ás 20:00 h. • Centro Cultural Municipal
Sinopse > Frida (Laia Artigas), unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva tras a morte da súa nai. Lonxe da súa contorna próxima, en pleno campo, a nena deberá adaptarse á súa nova vida.
Seleccionada por España para os Óscar 2018.
Proxección do filme: “BRAVA”
(Non recomendada para menores de 16 anos). Directora: Roser Aguilar
Dirixe o colóquio posterior Roser Aguilar
29 de novembro • Ás 20:00 h. • Círculo Recreativo Cultural
Sinopse > A vida de Janine parece ir ben ata que sofre un asalto no metro e todo se desmorona. Tratando de fuxir do seu tormento interior, escapa ao pobo onde agora vive o seu pai tentando ocultar as súas feridas. Con todo, alí, lonxe de atopar a paz, achegarase ao seu lado máis escuro.
Acto en memoria das vítimas
25 de novembro • Ás 18:30 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios
Presentación do proxecto rap contra violencia de xénero: “XÉNERO VERSOS”
Dirixido ás alumnas/os de 2º e 3º da ESO do Porriño
25 de novembro • Ás 19:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios
Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero
O Concello de Porriño convoca por primeira vez un ‘Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero’, “coa finalidade de sensibilizar y previr á cidadanía con presenza nas redes sociais contra a lacra machista”, sinala a concelleira Soledad Girón.
Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX. As bases publicaranse na conta @Porrinodiquenon.
As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do luns, día 27 do mesmo mes.
GALERÍA FOTOGRÁFICA CONMEMORATIVA DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
[PROGRAMACIÓN >>] [GALERÍA FOTOGRÁFICA >>]
[ SUBIR ]