Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2022

| Vebres 25 de novembro. 2022
| A partir das 19:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2022

Concellería de Igualdade


A concellería de Igualdade do Concello do Porriño, que dirixe Carolina González, no marco da campaña polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller, propón unha serie de actividades que chaman á reflexión contra este tipo de violencia abertas á participación de todo o tecido social do municipio.

Os actos comezarán xa o xoves, día 24, con “Golpes”, un monólogo teatral contra a violencia machista producido pola compañía galega aAntena, interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga. A peza, que pretende que o espectador e espectadora identifique todos e cada un dos comportamentos ou actitudes machistas propios e alleos e sexa consciente de canto traballo hai por facer aínda para chegar a conseguir un mundo igualitario, escenificarase na Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 19 h.

A xornada do venres, 25 de novembro, acollerá o groso da programación:

  • Campaña de difusión e sensibilización “Punto violeta” para a eliminación da violencia contra a muller. Dende as 12 h ata as 20 h, o Punto Violeta instalado na praza Arquitecto Antonio Palacios levará a cabo unha campaña de difusión e sensibilización para a eliminación da violencia contra a muller.
  • Actividades conmemorativas da loita para a eliminación da violencia contra a muller. A partir das 19 h comezarán os actos centrais aos pés do Concello. Este ano os nenos e nenas serán os encargados de abanderar a loita. Tomando como referencia esta xornada, que se converteu nun día de reflexión e concienciación para expresar o máis profundo rexeitamento a todos os tipos de violencia contra as mulleres, os coles do Porriño presentarán os seus lemas contra a violencia de xénero, estandarte no seu centro durante todo o curso escolar.
  • Lectura homenaxe ás vítimas de violencia contra a muller. Lectura homenaxe ás vítimas de violencia machista da que poderá participar toda a cidadanía.

Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller 2022


Concellería de Igualdade do Concello do PorriñoCabecera-web-ecultura.png