Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

| Organiza: Concellaría de Igualdade
| Domingo 25 de novembro. 2018
| Ás 13:00 h. > Concerto de  rap: “Xénero Versos”
| Ao remate > Concentración en memoria das vítimas da violencia de xénero
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

  • Ás 13:00 h. > Concerto de  rap: “Xénero Versos”. Centros de ensino do Porriño
  • Ao remate > Concentración en memoria das vítimas da violencia de xénero

Rap “Xénero Versos”

Desde a Concellaría de Igualdade do Concello do Porriño, organizouse e se desenvolveu o Proxecto “Xénero Versos” contra a violencia de xénero durante o curso escolar 2017-2018, dirixido ao alumnado de 2º e 3º da ESO de todos os centros educativos da nosa localidade.

Este proxecto empregou a intelixencia verbal, emocional, valores tales como a tolerancia e o respecto, invitando en todo momento á reflexión, sen obviar a creatividade de cada un e unha das participantes presentes ao longo de todas as clases impartidas. Tivo coma obxectivo principal por en mans do alumnado de secundaria os coñecementos pedagóxicos e musicais precisos ao fin de que eles e elas mesmas se convertiran nos compositores da letra e música da canción de rap, expresando súas opinións acerca dun tema tan actual e importante como é a violencia de xénero na adolescencia e entre adolescentes.

A idea de empregar a música coma nexo entre os adolescentes e a temática debeuse a que nesta idade somos conscientes da importancia deste eido para eles/as . A adolescencia é unha etapa na que comenzan a decantarse e compartir os seus gustos musicais, identifícanse cun tipo de música e letra. Este sentimento musical convertiuse en premisa fundamental de motivación e alto grado de implicación de parte do alumnado participante e o profesorado.

Rematada a fase teórica e practica tras varias sesións de traballo, todos e todas amosaron as súas letras de rap finalizado o proxecto, nun evento organizado públicamente. Traballos alguns deles de gran calidade  que logo dos trámites precisos, grabáronse nun CD.


Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia contra a Muller conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), en República Dominicana. En 1999 a xornada de reivindicación foi asumida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 o 17 de decembro de 1999 convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra a muller.

A violencia contra as mulleres converteuse nun problema estrutural que se dirixe cara ás mulleres co obxecto de manter ou incrementar a súa subordinación ao xénero masculino. A súa orixe atópase na falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres en diferentes ámbitos e na discriminación persistente cara ás mulleres. Trátase dun problema social presente tanto no ámbito doméstico como no público, en diferentes vertentes: física, sexual, psicolóxica, económica, cultural e outras, e afecta as mulleres desde o nacemento ata as mulleres de idade avanzada. Non está confinada a unha cultura, rexión ou país específico, nin tampouco a grupos específicos de mulleres na sociedade.

O combate contra a violencia de xénero ten unha importante dimensión política, segundo especialistas de diferentes ámbitos. Entre as claves para loitar contra a violencia cara ás mulleres e avanzar na prevención, está a educación e unha resposta adecuada da xustiza que evite a impunidade. Alcanzar a equidade de xénero pasa necesariamente por «transformar as regras sociais» e os roles que subordinan á muller, segundo a directora rexional de ONU Mulleres para as Américas e o Caribe, Luiza Carvalho.

A forma máis común de violencia experimentada por mulleres a nivel mundial é a violencia física infrinxida por unha parella íntima, o que inclúe mulleres golpeadas, obrigadas a ter relacións sexuais ou vítimas dalgunha outra forma de abuso. Entre as formas cotiás de violencia contra as mulleres, denuncia a ONU, atópanse tamén, entre outros, o tráfico de mulleres, a mutilación xenital feminina, o asasinato por causa do dote, o “homicidio por honra” e a violencia sexual nos conflitos.

Ata o 70 por cento das mulleres experimentan violencia no transcurso da súa vida.


OUTROS EVENTOS CON MOTIVO DO
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres


Concerto musical: Mercedes Peón [ + info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Sábado 24 de novembro • Ás 22:00 h. • Pavillón Municipal dos Deportes
Entrada libre e de balde ata completar aforo


Mulleres de cinema: “Tódalas mulleres que coñezo”
+ info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Mércores 28 de novembro • Ás 19:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo


Mulleres de cinema: “Con el viento” [ + info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Xoves 29 de novembro • Ás 19:30 h. Ás 20:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo


Mulleres de cinema: “Viaje al cuarto de una madre
+ info ]

Organiza: Concellaría de Igualdade
Venres 30 de novembro • Ás 19:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo


Cabecera-web-ecultura.png