Día Internacional da Información Xuvenil

| Sábado 17 de abril. 2021

Día Internacional da Información Xuvenil


Día Internacional da Información Xuvenil

Cada 17 de abril, as persoas mozas e os Servizos de Información Xuvenil de toda Europa celebran o Día Europeo da Información Xuvenil.
Este día, que foi declarado en 1983 pola Axencia Europea da Información e o Asesoramento Xuvenil (Eryica) e o Instituto da Mocidade de España (Injuve), significa unha oportunidade para recoñecer o labor dos servizos de información xuvenil, especialmente nun momento como o actual.

En España hai máis de 3.000 centros que forman a Rede de Servizos de Información Xuvenil (SIJ), en Galicia a través das OMIX. (Oficinas Municipais de Información Xuvenil, como é o noso caso) e o seu traballo ao longo deste último ano viuse alterado como quizais nunca antes na súa historia. Os servizos para a mocidade, lonxe de deterse, souberon reinventarse e superar o reto da distancia física para organizar actividades en liña e poder garantir a atención, o acompañamento e o apoio emocional das persoas mozas. Ademais, durante a pandemia, os servizos de información xuvenil convertéronse en novos axentes para informar á mocidade sobre as medidas de prevención contra o COVID-19 e para distribuír información veraz sobre a situación sanitaria e as restricións adoptadas por cada administración, sen abandonar os temas habituais, relacionados coa formación, o emprego, a emancipación, a solidariedade, a creación, o lecer e tempo libre.

Todo isto levou aos espazos xuvenís a ampliar as súas maneiras de comunicarse coas e cos mozas e mozos, en sesións en liña, nas redes sociais e nas aplicacións móbiles. Os/as informadores/as xuvenís habilitaron novas liñas telefónicas, canles de WhatsApp e espazos web para atender as necesidades derivadas da situación de emerxencia sanitaria.


OMIX do Porriño

A nosa Oficina Municipal de Información Xuvenil, co nº de rexistro 36-039-six-063 na Rede Galega de Centros de Información Xuvenil, é unha estructura informativa de carácter municipal que presta servicios de información directamente aos mozos e mozas do Concello do Porriño e contorna.

Ofrecemos á mocidade toda aquela información que poida ser de interese para o seu desenvolvemento persoal prestando un servizo de atención e asesoramento informativo, a
través de taboleiros de anuncios e expositores con documentación actualizada sobre temas variados e dun servizo de Atención Individualizada (presencial, telefónico e por correo electrónico).

Ademais, programamos, elaboramos, organizamos e xestionamos a realización e difusión dos diferentes programas, servizos, talleres e actividades dirixidos ás persoas mozas da nosa localidade, centros educativos e público en xeral.

Temos a disposición da mocidade, información de interese en temas como:

  • traballo e formación (recursos para a procura, ofertas…).
  • vivenda (axudas, aloxamento para estudantes….).
  • voluntariado, participación e cooperación(local, internacional, recursos para asociacións….).
  • actividades culturais e deportivas, e inscricións a campañas e programas para mozos.
  • excursións, viaxes, exposicións, campamentos, talleres, convocatorias de concursos…
  • información do Carné Internacional de Estudante, Carné Internacional de Profesor/a, Carné Internacional Mozo e Carné de Alberguista Carné xove..
  • outros

Horario de atención directa ao público: De luns a mércoles de 14:00 a 20:00 h. e xoves a venres de 9:00-15:00 horas.
Dirección: Domingo Bueno, 9, Planta baixa. 36400- O Porriño
Teléfono: 986337624
Email: omix@oporrino.org
Facebook: https://www.facebook.com/OmixOPorrino



OMIX

Cabecera-web-ecultura.png