Día Mundial da Infancia 2022. Pleno infantil

| Venres 18 de novembro. 2022
| Ás 10:00 h.
Salón de plenos do Concello » ver mapa
| Entrada libre ata completar prazas

Día Mundial da Infancia 2022. Pleno infantil

Concellería de Educación e OMIX do Porriño


O próximo 20 de novembro a Convención sobre os Dereitos do Neno cumpre trinta e tres anos. Trátase do tratado internacional máis ratificado da historia. Pero é cuestión do día a día, e de toda a sociedade no seu conxunto, asegurar que os dereitos da infancia e da adolescencia se cumpran e sexan unha realidade para calquera neno ou nena e en calquera lugar.

Os dereitos da infancia están relacionados entre si e non hai un dereito máis importante ca outro. Desde UNICEF España poñemos o foco en todos eles e apostamos por xerar procesos onde os nenos e nenas sexan os/as protagonistas e participen na construción de propostas que lles importen e interesen.

Para atopar o pulso dos intereses da infancia e da adolescencia no transcurso deste ano, e a través dunha consulta sobre as temáticas de interese aos 99 grupos de participación, priorizáronse temas como a saúde mental, a educación, o medio ambiente, a pobreza e a desigualdade, xunto co seguimento do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

O alcalde convocou este novo pleno infantil para cumprir co compromiso adquirido logo do recoñecemento de Cidade amiga da Infancia por parte de UNICEF, de conmemorar cada ano o día dos dereitos da infancia; pero tamén, para solicitar o apoio e compromiso dos nenos, nenas e adolescentes na resposta aos retos da situación actual, e para impulsar e cumprir cos  obxectivos da Axenda 2030, con máis equidade e, sobre todo, con máis oportunidades de prosperidade para todos e todas.

Neste pleno, os/as portavoces de cada un dos centros terán a oportunidade de transmitirlle de primeira man, tanto o alcalde coma ao resto de concelleiros e concelleiras, o resultado do traballo feito cos seus compañeiros nas aulas sobre saúde mental (tendo en conta a non discriminación) no día a día da infancia, e falarán das súas necesidades e preocupacións, centrándose en como lles está a afectar aos seus dereitos.

Tamén darán a coñecer e compartiran o Manifesto do Sétimo Encontro Estatal de Consellos Locais de Participación infantil e adolescente  celebrado este ano  en Cáceres no mes de outubro.

Na orde do día tamén está recoller propostas para a realización de actividades durante este Nadal, someter a votación a realización dunha nova iniciativa desde o Concello centrada na recollida de alimentos e   hixiene infantís, necesidades que nos trasladan dende Asuntos Sociais, para que posteriormente sexan clasificados e repartidos entre as familias con menos recursos do concello e en colaboración co SOS.

Esta actividade poderá seguirse dende a web do Concello, o que facilitará a participación do resto da comunidade educativa, que poderá interactuar igual ca en anteriores ocasións a través do cancelo #PlenoInfantilPorriño.

Día Mundial da Infancia 2022. Pleno infantil

Día Mundial da Infancia 2022. Pleno infantil


Día Universal do/a Nena/o

O Día Universal do/a Nena/o, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todas as nenas e nenos do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidas/os, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar as persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

O Concello do Porriño, desde o ano 2018, ten o selo de Cidade Amiga da Infancia que outorga UNICEF e traballamos conxuntamente todo o ano para conseguir cambios reais na vida das/os nenas/o. O Día Universal da Infancia é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor da infancia e das/os nenas/os máis vulnerables.

O obxectivo do Día Universal da/o Nena/o é recordarlle á cidadanía que as/os máis pequenas/os son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre a crise e os problemas do mundo.

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre as nenas e os nenos do mundo, así como promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

As Nacións Unidas celebran este Día Internacional da/o Nena/o en honor á aprobación da Declaración dos Dereitos da/o Nena/o en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Este día mundial recorda que todas/os as/os nenas/os teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar del mundo no que naceran.

Dedicarlle un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos/das máis pequenas/os e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que nenas e nenos teñan un futuro mellor.

O 20 de novembro é unha ocasión especial para que todo o mundo coñeza os dereitos da infancia e para recordar a importancia de traballar para conseguir o benestar de todas/os nenas/os do planeta.

Desde a OMIX e a Concellería de Educación, queremos concienciar a nosa veciñanza de que é un bo día para coñecer as distintas formas de colaborar coas/cos nenas/os máis vulnerables, para que os seus dereitos sexan recoñecidos e garantir o seu benestar e desenvolvemento.



Cabecera-web-ecultura.png