DJ´s nas prazas

| Sábado 12 de novembro. 2022
| De 19:00 a 23:30 h
| Prazas do Porriño

DJ´s nas prazas


O evento “DJ´s nas prazas” encherá de música distintas prazas do concello o sábado 12 de novembro, de 19:00 a 23:30 h. Os DJ´s participantes serán: Pitty / Diego Mariño / Gabry D. / Aaron TheWear


Aaron TheWear

Aaron TheWear

Dj madrileño afincado en Galicia, caracterízase pola súa selección musical á hora de iniciar e encamiñar o set, ademais da enerxía . O seu gusto musical pasa por moitos estilos asi que non poderiamos definir a súa sesións cunha soa palabra.


Gabry Domínguez

Gabry Dominguez

Gabry D., nado en Tui, actualmente é un dos djs máis habituais en festivais e locais da zona, iniciou a súa traxectoria no mítico Brujas de Tui. No Porriño foi un habitual na Cova dos trasnos e Época disco.


Diego Mariño

Diego Mariño

Diego Mariño é un dj urbano galego que iniciou a súa carreira como dj aos 15 anos de idade e demostrou o seu talento evolucionando os seus traballos co paso dos anos. Nas súas sesións destaca o rápido que conecta co público tanto coa interacción co micro, como a variación de estilos durante o set.


Pitty

Pitty

Pitty é un dj urbano que traballou en salas de toda a xeografía galega e norte de Portugal, compartindo cabina con grandes artistas tanto nacionais como internacionais. As súas sesións están cheas de enerxía e ritmos latinos, creando unha conexión co público de principio a fin.


DJ´s nas prazas


Cabecera-web-ecultura.png