Ecopercussión 2022

| A longo do mes de maio. 2022
| Centros de educación primaria do Porriño e Aceesca
| Actividade concertada

Ecopercussión. Concello do Porriño

Organiza: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A OMIX e a Concellería de Educación do concello do Porriño , levarán a cabo durante o mes de maio a actividade “ECOPERCUSSIÓN” polos centros de educación primaria do Porriño e Aceesca. Esta actividade consta de dúas partes:

  1. Obradoiros: polos centros de ensino participantes e dirixida para o alumnado de 5º e 6º de primaria os días 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11 maio, realizaranse unha serie de talleres enfocados á formación e execución de grupos de percusión onde só interveñan instrumentos procedentes de materiais reciclados. Estes materiais, chamados tamén cotidiáfonos, poden ser, botes de pintura, bidóns, latas, tubaxes etc.A metodoloxía empregada é propia e xenuína do Proxecto Ecopercussión, mesturando elementos de percusión vocal con exercicios de coordinación e patróns polirrítmicos Afrolatinos. Eco-Batucada.En cada un dos centros farase unha exhibición por parte do alumnado que participa nos obradoiros, dando a coñecer o aprendido ao resto do alumnado do seu centro.
  2. Exhibición final dos nenos/as participantes neste obradoiros na Praza Arquitecto Antonio Palacios, para o desfrute do público en xeral, dando a coñecer o obxectivo final desta actividade, que é a montaxe e execución dunha banda de percusión con material reciclado, amosando as técnicas de agarre, golpeo, lateralidade, coordinación e uso da percusión vocal e corporal.Darán a coñecer os patróns rítmicos aprendidos que, fragmentándose e superpoñéndose, logran crear polirritmias e contrapuntos ao xeito dos ritmos Afrolatinos.

Centros participantes:

CEIP (Antonio Palacios, Ribeira, Xosé Fernández López, Atios e Cruz Budiño), CPR (Irmáns Quiroga e Santo Tomás) e Aceesca.


Ecopercussión. Concello do Porriño



Cabecera-web-ecultura.png