Encontro de corais

Actualización: nova data, hora e localización

| Sábado 17 Domingo 18 de xuño. 2023
| Ás 20:30 19:00 h
| Praza do Cristo Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Encontro de corais


Participan:

  • Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco
  • Coral Polifónica de Pontevedra
  • Coral Polifónica San Blas de Budiño

Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco

Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco

Formouse como coral polifónica no ano 2004. Está distribuída en catro voces mixtas, dirixida por María Teresa López Rodríguez. A súa música abarca diferentes estilos. Clásica, Sacra, en Autores Galegos, Villancios, Habaneiras e un longo, etc. ​

Desde o seu comezo está inscrita na Rede Cultural da Deputación da Coruña. Organiza anualmente dous concertos, o día das Letras Galegas e o día da súa patroa Santa Cecilia (22 de novembro). Pertence á federación coral Galega(FECOGA)


Coral Polifónica de Pontevedra

Coral Polifónica de Pontevedra

A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra naceu, presidida por Antón Losada Diéguez, como unha reunión de amigos da música. No grupo inicial estiveron Antonio Iglesias Vilarelle, Joaquín Maquieira Fernández, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Losada, Antonio Blanco Porto, Vicente Barreiro Viñas, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. A primeira presentación foi o 9 de abril de 1925, Xoves Santo, na igrexa de San Francisco de Pontevedra, coa interpretación dun concerto sacro que se repetiu ó día seguinte na Basílica de Santa María a Maior, e o primeiro concerto foi no Teatro Principal de Pontevedra o 23 de marzo de 1926. Dende entón seguiu a liña proposta polos fundadores: polifonía clásica profana, polifonía sacra e melodías populares axustadas a unha interpretación polifónica depurada.

O coral fundacional era de corenta voces masculinas, dezaseis femininas e dezaseis de nenos. A comisión estaba integrada por Vicente Barreiro Viñas, Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. As tarefas de dirección, dende 1925 ata 1940, correron a cargo de Blanco Porto. Sucedeuno, durante 24 anos, Iglesias Vilarelle. Á súa morte encargouse dela Manuel Fernández Cayeiro (de 1964 a 1967). Dende 1968 estivo á fronte Agustín Bertomeu Salazar, director da banda de música da Escola Naval Militar de Marín, e logo del José A. Sánchez Rodríguez. En maio de 1980 colleu a batuta Xosé Verea Montero ata que, en outubro de 1998, a recolleu por segunda vez Fernández Cayeiro, con Raymunda Lisquiño Abal como adxunta, despois viría Marlene Armentero Cutiño e finalmente Nanette Sánchez Ordaz. Desempeñaron, ademais, a presidencia da sociedade, personaxes destacados da vida cultural do país como Castelao, José Blein Llinás, Vicente Riestra Calderón, Augusto García Sánchez, Xosé Fernando Filgueira Valverde e Xosé Carlos Valle Pérez. Castelao, ademais de presidente, foi escenógrafo e deseñou o escudo.

Actuou nas cidades máis importantes de Galicia, en Portugal, en Madrid, Bilbao, León, Oviedo, Santander, Burgos, Salamanca, Toledo e en Lourdes, contando co patrocinio da Xunta de Galicia, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra.

Entre as súas condecoracións figuran a Medalla de Prata de Pontevedra, a Medalla do Ateneo Santa Cecilia de Marín e a Medalla de Prata das Rutas Cicloturísticas do Románico.


Coral Polifínica San Blas de Budiño

CORAL POLIFÓNICA SAN BLAS DE BUDIÑOA Coral Polifínica San Blas de Budiño fundouse no 2004 por un grupo de amigos que sen ter coñecementos de música ou solfexo conseguiron formar unha coral cuxa especialidade naquel entón era cantar misas en latín, posteriormente tamén en galego.

Actuando en misas solemnes e outros actos relixiosos, en distintos lugares da provincia de Pontevedra. Participación en diversos encontros de corais organizados pola Deputación Provincial en distintos lugares da provincia, sen esquecer outras actuacións na Coruña. E dentro do ámbito Nacional, asistiu a encontros de corais en Asturias en varias ocasións, en Biscaia e en Sevilla.

Participou no festival Coralba, “Espertar cantando”, en Collado Villalba, Madrid, no verán do presente ano. No mesmo verán, gran concerto realizado, coa colaboración do Concello do Porriño e como primeira experiencia conxuntamente, coa Banda de Música de Alcalá de Guadaira, Sevilla, en Salceda de Caselas e en Porriño, estreando obras de zarzuela e unha obra clásica como Nabucco.

O seu repertorio comprenden cancións de estilos diversos. Está composto por 47 membros e a súa directora e Maarisa González Monroy.


Imaxe web ecultura.net