Encontro de Corais

| 23 de xullo. 2016
| Ás 21:30 h.
| Igrexa Parroquial Sta. María do Porriño » ver mapa

      • Coral Agarimo, da Asociación Veciñal San Salvador de Torneiros
      • Agrupación Coral Polifónica de San Blas de Budiño
      • Coral do Val do Avia (Leiro – Ourense)

Coral Agarimo, da Asociación Veciñal San Salvador de Torneiros

A Coral Agarimo fundouse no ano 1995 como unha actividade propia máis da AAVV San Salvador de Torneiros (O Porriño).

Ofrece un repertorio variado de xéneros nas súas actuacións como habaneras, canción española, galega tradicional, panxoliñas, sacra e de outros temas.

Ademais de actuar na meirande parte dos concellos da provincia de Pontevedra, é de destacar  as súas actuacións en moitos concellos das outras tres provincias  galegas, na TVG e no Centro Cultural Caixavigo, así como en León e Portugal. Ademais acompaña Misas Solemnes, de festividades parroquiais e de outras cerimonias.

A Coral está sempre aberta a todas cantas persoas se sintan atraídas por esta actividade cultural, que fomenta a convivencia entre os veciños, poñendo por encima de todo a súa ilusión e o empeño en facelo ben, sendo membro asociado da Federación Coral Galega e colabora co Concello de O Porriño e coa Deputación de Pontevedra.

Director: D. Rafael Pérez Dopeso.

Info extraída do blogue da Asociación San Salvador de Torneiros » ligazón externa


Agrupación Coral Polifónica de San Blas de Budiño

A Agrupación Coral Polifónica San Blas, foi fundada no ano 2004 por un grupo de amigos, que sin ter ningún coñecemento de música ou solfeo, conseguiron formar unha coñecida Coral na que destaca o canto da misa en Latín, gracias o cal teñen percorrido todalas parroquias limítrofes

Directora: Dª. Antonia Santos.

Máis info sobre Agrupación Coral Polifónica San Blas no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Coral do Val do Avia (Leiro – Ourense)

Fúndase en 2003 e comeza os ensaios. O primeiro concerto dáo no Mosteiro de San Clodio en 2004. Desde entón celebra todos os anos dous concertos fixos, un en maio e o outro con motivo da Festa dá Vendima de Leiro. Ademais actúa en misas sinaladas en Leiro e parroquias veciñas, así como noutras cidades da xeografía galega a través de intercambios con agrupacións das mesmas características. Mantén un intercambio anual con corais portuguesas que lle levou ata Oporto e comarca do Dão. Participa activamente na vida cultural de Leiro a través das festas de entroido, maios e vendima.

Director: D. Celso Domínguez Domínguez.

Máis info sobre a Coral do Val do Avia no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png