Encontro de Rondallas do Porriño

| Domingo 8 de xaneiro. 2023
| Ás 18:00 h. No caso de que a choiva non o impida, estará precedido dun pasarrúas no que participarán todas as rondallas e que dará comezo ás 17:00 h.
| Rúas da vila e Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo. As portas do Pavillón Municipal abriranse ás 17:15 h

Encontro de Rondallas do Porriño

As rondallas volven ser as protagonistas do Nadal porriñés. O domingo 8 de xaneiro, ás 18:00 h a vila do Louro acollerá o tradicional Encontro de Rondallas do Porriño, no que se darán cita dez agrupacións.

Será como cada ano no Pavillón Municipal e, no caso de que a choiva non o impida, estará precedido dun pasarrúas no que participarán todas as rondallas e que dará comezo ás 17:00 h.

A entrada é libre e de balde ata completar aforo. As portas do Pavillón Municipal abriranse ás 17:15 h e o Encontro de Rondallas dará comezo ás 18:00 h. Habilitaranse dúas zonas de aparcamento na travesía Antonio Palacios (acceso á autovía).

Haberá unha zona reservada para persoas con mobilidade reducida. Os carriños de bebé non poderán acceder ao recinto, polo que deberán deixarse gardados onde indique a organización á entrada.


Rondallas participantes no
Encontro de Rondallas do Porriño

  • Rondalla Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar)
  • Rondalla Nosa Merced de Chaín (Gondomar)
  • Rondalla Santiago de Parada (Nigrán)
  • Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos)
  • Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (Mos)
  • Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos)
  • Rondalla Asociación Cultural e Social de Herville (Mos)
  • Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui)
  • Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios (O Porriño)
  • Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas (O Porriño)


Encontro de Rondallas do Porriño


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png