Enterro da Sardiña. Espectáculo “Errantes”

| Mércores 26 de febreiro. 2020
| Ás 19:00 h.
| Rúas da vila

Errantes. Troula Animación

ENTERRO DA SARDIÑA


Espectáculo “Errantes”

“Errantes” un espectáculo pasarrúas da compañía Troula Animación para acompañar o enterro da Sardiña.

Con máis de 15 anos de experiencia no sector da animación, Troula Animación presenta asombrosas creacións propias de gran e pequeno formato.

En noites de lúa nova a cidade vólvese escura…, orcos, trolls e animalias… seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa loucura, lévannos a unha peregrinación eterna transportando no seu carro a maior das súas demencias…

Percorrido do Enterro da Sardiña: praza Arquitecto Antonio Palacios, rúa Antonio Palacios, avenida Domingo Bueno, San Sebastián, rúa Manuel Rodríguez, rúa Ramón González e praza Arquitecto Antonio Palacios.



Errantes. Troula Animación


IMG-20200210-WA0002 (1)

Buzón para suxerencias ao testamento da Sardiña, situado no Centro Cultural Municipal.


Cabecera-web-ecultura.png