Escape room sobre Antonio Palacios

| Sábado 22 de xuño. 2024
| Ás 10:30 h
|
Require inscrición previa
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Escape room sobre Antonio Palacios

Xogo dixital de escapismo ao aire libre | Eureka. Reto rural


O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa os seus esforzos por impulsar o turismo e a diversión ao aire libre no territorio cunha iniciativa innovadora, ‘Eureka’, un produto turístico centrado na realización de 14 escape rooms dixitais que levarán ás persoas participantes a explorar diferentes recunchos dos 14 concellos do Xeodestino.

Para coñecer un pouco máis os concellos do Xeodestino, estes escape rooms de balde ofrecerán desafíos lóxicos e enigmas contextualizados na cultura local, incluíndo personaxes históricos e elementos naturais do municipio no que se celebre. Catorce aventuras para desentrañar os misterios do territorio a través de códigos QR e xeolocalización para a resolución das distintas probas, garantindo unha experiencia inmersiva coa que mergullarse na realidade dos 14 municipios.

No caso do Porriño bríndanos unha oportunidade perfecta para dar a coñecer un dos nosos grandes referentes culturais, o arquitecto Antonio Palacios, e a oferta turística que xira arredor da súa figura.

Todos os xogos virtuais estarán deseñados para todas as idades e contarán cun premio para o grupo de persoas que complete a proba en menor tempo: unha experiencia turística para ata seis persoas valorada en 500 euros noutro concello do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Ademais, entre todas as persoas participantes cada concello sorteará un lote de produtos do territorio valorado en 150 euros.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro da actividade para a formación dos equipos. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta.

Cada xogo abrirase na data de celebración do evento e permanecerá aberto e accesible para o público durante un mes para que calquera persoa poida desfrutar da experiencia.

Ao Porriño chegará o 22 de xuño e xirará arredor da figura e obra de Antonio Palacios.


Programación con temáticas e concellos

  • 12 de maio | Baiona. ‘Arribada dá Carabela Pinta’.
  • 18 de maio | Nigrán. ‘Domingo Villar – A praia dous afogados’.
  • 16 de maio | Tui. ‘A cidade de Dona Pega’.
  • 8 de xuño | Mos. ‘Festa dá Rosa’.
  • 15 de xuño | A Guarda. ‘A esencia mariñeira’.
  • 22 de xuño | O Porriño. ‘Antonio Palacios’.
  • 30 de xuño | Oia. ‘Ou mosteiro de Oia’.
  • 6 de xullo | Gondomar. ‘Ou Conde non Camiño’.
  • 12 de xullo | O Rosal. ‘Ou sector vinícola’.
  • 14 de xullo | Fornelos de Montes. ‘Festa gastronómica dá carne do Suído e dá Chanfaina’.
  • 20 de xullo | Tomiño. ‘Camiño dá Nosa Señora do Norte’.
  • 27 de xullo | Pazos de Borbén. ‘A emigración: As casas indianas’.
  • 14 de agosto | Soutomaior. ‘María Viláns’.
  • 20 de setembro | Redondela. ‘A historia dá nosa vila’.

[ + info e inscricións » ligazón externa ]



Escape room sobre Antonio Palacios


Cabecera-web-ecultura.png