Espectáculo de maxia do Mago Rafa: Experiencias en familia

| Sábado 9 de agosto. 2025
| Ás 22:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Espectáculo de maxia do Mago Rafa: Experiencias en familia

Cultura no Camiño 25. Xunta de Galicia e AGADIC


Un espectáculo para rir, sorprenderse e compartir. O Mago Rafa chega cunha proposta única para gozar en familia! “Experiencias en Familia” é un espectáculo máxico e interactivo, pensado para que grandes e pequenos vivan momentos inesquecibles xuntos.

Aquí, a maxia non só sorprende… tamén une! Entre xogos incribles, humor e participación do público, cada espectador converterase en parte fundamental do show. Os nenos e nenas serán protagonistas, os adultos redescubrirán a súa ilusión e todos compartirán risas, asombro e emocións.

O Mago Rafa, especialista en maxia familiar, garante un espectáculo dinámico, divertido e cheo de momentos especiais que quedarán na memoria de todos. Porque a mellor maxia é a que se vive en compañía!

“Experiencias en familia”, unha aventura máxica para compartir e lembrar!



Cabecera-web-ecultura.png