ACTUALIZACIÓN: nova localización por previsión meteorolóxica adversa
| Domingo 29 de setembro. 2019
| Ás 18:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios
| Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
Lafayette Show é un espectáculo de maxia con comedia e humor adicado a público familiar. Un espectáculo onde un só artista interpreta todas as personaxes que saen a escena. Combina o encanto da maxia e o ilusionismo co teatro, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalismo e unha mestura de artes afíns. Este show, pensado para público de todas as idades, mostra con grandes doses de humore teatro o lado máis espectacular e fascinante da maxia.