Espectáculo de maxia: “Maxias e latricadas varias”

| Venres 23 de xuño. 2023
| Ás 19:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Espectáculo de maxia: “Maxias e latricadas varias”

Martín Camiña Ilusionista e Maga Fani
Xunta de Galicia. Cultura no Camiño 2023. AGADIC


“Maxias e latricadas varias” é un espectáculo sobrenatural, cómico e lingüístico para pór en valor a nosa lingua, inspirado e influído nunha nova ollada dun dos actos máis imaxinativos e fantásticos da nosa cultura: o telexornal da T.V.G.

A través do seu particular espallador de novas, a Maga Fani e Martín Camiña pousarán con agarimo encol da mesa, topónimos, alcumes, mitoloxía, crenzas, gastronomía e ilusionismo cun claro obxectivo: a demostración de que a nosa lingua abofé pode con todo, incluíndo os famosos “había feito” e “houbemos tido” que ateigan acotío a televisión e radio.


Cabecera-web-ecultura.png