| Xoves 17 de setembro. 2026
| Ás 19:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Programa: Ler Conta Moito | Rede de Bibliotecas de Galicia
Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo en Hamelin, na que un músico secuestrou os nenos e nenas da vila alemá en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas seguiron a ese estraño personaxe hipnotizados e hipnotizadas polo doce son do seu instrumento musical. Así foi como chegou a nós esta historia, pero… Todos os nenos e todas as nenas foron detrás do músico? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas de Hamelin. E sabedes que facía tan especial e esta nena? Que era xorda.
Dirixido por Carmen Conde, a partir dunha idea de Avelino González, Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal Hamelin, unha montaxe para público familiar a partir de 3 anos que mestura narración oral, maxia, humor e unhas faíscas de lingua de signos. Unha revisión actualizada da popular lenda para pór en valor a diversidade e a integración.


