| Domingo 26 de xullo. 2020
| Ás 20:30 h.
| Asociación de Veciños O Castelo de Cans » ver mapa
A Concellería de Cultura, sendo coñecedora de que a situación da pandemia da Covid-19, fixo que moitas das actividades culturais das parroquias e barrios fosen canceladas, e mantendo contacto coas asociacións da veciñanza, faise unha proposta programática, coas garantías de seguridade sanitaria, favorecendo a dinamización cultural á vez que se potencian os recursos dos artistas locais.
Seica
Historias contadas de vergoñas, silencios e rebeldías. Emoción, diversión e reflexión empregando como ferramenta un dos apeiros máis antigos da humanidade: as historias contadas.
Historias, contos e faladurías recollidas na parroquia da narradora e no seo da súa familia, acompañando o espectáculo de pequenas intervencións musicais coa pandeireta da súa avóa Saladina, unha das protagonistas das historias que sucederon en Meder, alá polos anos 40.
Curas, señoritos, amores e foliadas, arquetipos das historias tradicionais baixo umha mirada actual atravesados pola retranca galega.
Lorena Pinheiro sabe contar historias dende que as historias veñen a ela. Críase nun bar de aldea no que aprende a aplicar o método da súa avóa: escoitar para captar toda a atención da familia nos xantares dos domingos, coas últimas novidades sucedidas na parroquia.