Espectáculo de narración oral e música: Chaves invisibles

| Mércores 27 de maio. 2026
| Ás 11:30 h
Biblioteca Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Espectáculo de narración oral e música: Chaves invisibles

Un espectáculo de Vero Rilo e Luís Iglesias


Unha función de narración oral e música para dar a coñecer a figura de Begoña Caamaño ao alumnado de ensino primario. Esta é a proposta que realizan Vero Rilo e Luís Iglesias en Chaves invisibles, espectáculo que comeza a súa andaina ao abeiro do Día das Letras Galegas. A iniciativa constrúese a partir do libro Bego e o mundo do revés, de Iria Collazo López, con ilustracións de Alba Stinson, que achega a infancia de Begoña Caamaño e a súa relación coa lectura.


Espectáculo de narración oral e música: Chaves invisibles


Biblioteca Municipal do Porriño