ACTUALIZACIÓN: cambio de localización por mor da choiva
| Venres 6 de setembro. 2024
| Ás 20:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Centro Cultural Municipal (nova localización)
Un espectáculo de Vero Rilo e Santi Cribeiro
TRALALAREIRA é un espectáculo de narración oral e música para público adulto. Nesta ocasión a narradora Vero Rilo acompáñase de Santi Cribeiro (Berrogüeto, Matto Congro, Os d´Abaixo…) ao acordeón. Este espectáculo nace da boca dunha muller, da señora Isolina, Ai neniña, o que se contaba darredor dun lume, que dicía ela. Esa frase fixo prender a lareira, e que cociñásemos historias de vida, de tradición oral e contos de autor/a xunto con músicas para cantar acompañadas. Ela sempre dicía tamén que a vida é curta e logo pasa… Fixo iso que sacásemos o viño vello e o viño novo e que brindásemos. Lume, palabra, mulleres e música para contar e cantar con alegría parte da memoria dun pobo.
TRALALAREIRA é espectáculo a pedir de boca, con humor e viño, para padais pouco finos e gorxas cantareiras, todo o que se escoitaba (e o que non) tras dunha lareira… Vai outra?