DEBIDO ÁS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS, ESTA ACTIVIDADE TERA LUGAR NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL
| Mércores 23 de setembro. 2020
| Ás 18:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios • Centro Cultural Municipal » ver mapa
“Encantamentos á Cor” é un espectáculo de maxia, humor e participación do público, que percorre todo o espectro óptico das fantasías e ilusións.
A través dos sentidos viaxaremos pola e coa imaxinación, nun espectáculo con sorpresas apoiadas en todo tipo de trebellos, adobado todo cun guión cargado de intres inesperados e imprevisíbeis.
Espectáculo para experimentar sensacións fascinantes, cheo de gargalladas, colaboración da concorrencia, moita luz e claridade.