Espectáculo familiar de contacontos e maxia “A historia de Brancaflor”

Actualización: horario modificado
| Domingo 12 de decembro. 2021
| Ás 17:00 17:30 h
Centro Cultural Casal Chan de Budiño » ver mapa

Espectáculo familiar de contacontos e máxia "A historia de Brancaflor"

Un espectáculo da compañía Os Sete Magníficos Máis Un


A compañía Os Sete Magníficos Máis Un ofrécenos este espectáculo familiar de contacontos e maxia, da man de Fran Rei e con dirección de Avelino González.

Ademais, este evento ten un carácter solidario, polo que se pide aos asistentes que acheguen alimentos non perecedoiros. Haberá un espazo debidamente sinalado para deixar os produtos.


As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes… Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír da imaxinación de nenas e nenos.

Nesta montaxe, ese é o punto de vista co que nos achegamos á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios.

Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza. Con Fran Rei como protagonista, A historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersoal de Os Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte das e dos contacontos.

Baixo a dirección do Premio María Casares Avelino González, nesta obra a narración vén acompañada con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo, animando á lectura dunha maneira distinta.


Espectáculo familiar de contacontos e maxia "A historia de Brancaflor"


Cabecera-web-ecultura.png