Espectáculo infantil “A Maxia dos Contos”, do Mago Teto

| Xoves 5 de setembro. 2024
| Ás 19:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Espectáculo infantil “A Maxia dos Contos”

Rede de Bibliotecas de Galicia, Ler conta moito e Biblioteca Municipal do Porriño


Abracadabra! o mago Teto saca do seu sombreiro un show no que se mistura a narrativa de contos e xogos de maxia. A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto, vai acompañado dun xogo relacionado coa historia. Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”.

Coorganizador de festivais de maxia en diversos puntos da xeografia española. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

Despois de varios anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorna a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.



Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png