ACTUALIZACIÓN: nova localización
| Domingo 15 de decembro. 2024
| Ás 18:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Carpa da praza do Cristo » ver mapa
Voz e interpretación: María Faltri
Música: Reynier Aldana
María Faltri é compoñente do grupo vocal Faltriqueira, formación que leva mais de 15 anos percorrendo escenarios nacionais e internacionais. María forma parte da escena infantil musical e teatral dende hai máis de 10 anos.
Soñando Inventi é un espectáculo musical que parte do libro disco “fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia. Con esta aventura emprenderemos unha viaxe emocional ao centro dos soños, unha proposta onírica e valente que mestura música e poesía para nos falar de personaxes femininas que soñan con sentirse en paz e liberar os seus segredos.