Espectáculo infantil: Petiscos de Lingua

| Domingo 2 de outubro. 2022
| Ás 17:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Espectáculo infantil: Petiscos de Lingua

Compañía Migallas Teatro. Rede de Dinamización Lingüística


“Petiscos de lingua” é un espectáculo que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua.

Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro baixo o nome de “Brincadeiras da lingua”.



Patrocinio Rede Dinamizacion Linguistica Cabecera-web-ecultura.png