Espectáculo musical: María Fumaça

| 5 de marzo. 2017
| Ás 18:00 h.
Pavillón Polideportivo Municipal » ver mapa

María Fumaça

A locomotora máis divertida chega a O Porriño!

María Fumaça naceu do amor e a loita por axudar e facer feliz a Ruí, un neno con parálise cerebral. O que xurdiu como agasallo de Nadal para o pequeno Ruí de man da súa madriña, a cantante Uxía Senlle, e un grupo de amigos músicos, converteuse nunha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.

O seu primeiro disco, estivo entre os tres libros máis vendidos en lingua galega entre 2012 e 2013, e o seu último traballo “Xiqui Xoque Fiú Fiú” está a ter unha acollida mesmo mellor. O tren musical “María Fumaça” é un canto á vida que no outono de 2012 excedeu os muros dunha casa para percorrer os teatros de Galicia.

O proxecto nace da man de Uxía Senlle, xunto co guitarrista Sergio Tannus, e numerosos artistas e amigos que conforman a gran familia de María Fumaça, como: Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco… E por supuestísimo, o pequeno Ruí, cantando como solista sinfonías vocais extraordinarias son máxico da linguaxe das baleas.

Máis información sobre María Fumaça no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png