Espectáculo Pasión Flamenca

| Sábado 6 de maio. 2023
| Ás 20:00 h
Praza do Cristo » ver mapa

Espectáculo Pasión Flamenca


O parque do Cristo acolle o sábado día 6, a partir das 20:00 h, o espectáculo Pasión Flamenca, no que participarán o grupo rocieiro Andalusí, o grupo de música Toni Delgado e Mario El Primo e o grupo de baile Pasión Flamenca. Como na anterior ocasión, haberá rebujitos, xamón e moita diversión.


Participarán:

  • Grupo rocieiro Andalusí
  • Grupo de música Toni Delgado e Mario El Primo
  • Grupo de baile Pasión Flamenca

Grupo de música Andalusí

O grupo rocieiro Andalusí xurdiu hai uns cinco anos da man duns amigos amantes da música popular andaluza, en anaquiños de faladoiros e cantigas arredor dunha guitarra e un caixón, e recordando a Carlos Cano na súa canción “noches de fado y vino verde”, decidiron unirse para satisfacer a súa ilusión por esta afección.

Andalusí está composto por Paco Menacho á voz, Lito González á percusión e á voz e Juan Zamudio á guitarra e á voz. Andalusí son tamén compoñentes e excompoñentes do Coro rocieiro da Casa de Andalucía de Vigo, onde desenvolveron gran parte da súa actividade musical, actuando por toda Galicia e principalmente na cidade de Vigo. Resulta moi habitual poder seguilos por bares, tabernas e feiras da cidade e os seus arredores.

Os seus temas son exclusivamente dedicados á música popular andaluza (sevillanas, rumbas e salves), aínda que tamén lles apaixonan as cantigas de taberna e outras cancións populares galegas, que pouco a pouco van introducindo no seu repertorio. Andalusí é moi consciente do enorme privilexio que ten o folclore andaluz por estas terras galegas, polo seguimento, cariño e dedicación polo que nos fai sentir e desfrutar coma na nosa propia terra, e nunca mellor dito o de que a música e o baile non teñen fronteiras.


Grupo de música Toni Delgado e Mario El Primo

Antonio Delgado González (1974), cantante e guitarrista máis coñecido como Tomny Delgado, é un músico autodidacta que se formou no seo dunha familia de músicos.

Xa dende neno comezou a cantar e a tocar a guitarra da man dos seus proxenitores, Juan Manuel Delgado e Felicitas González, que foron os culpables desta grande afección do segundo fillo varón da parella; unha parella que se coñecera por medio da música naquela época e que lle inculcaron co paso dos anos tanto ao seu primoxénito, Juan R. Delgado, como ao pequeno Tony…

A pesar dos intentos frustrados dos seus pais para que o pequeno Tony se formara en escolas de música da cidade olívica, el sempre preferiu a arte da rúa e desenvolveu este talento natural xuntándose cos xitanos do seu barrio…

Tamén cabe dicir que esta afección pola música ten descendencia andaluza, concretamente malagueña, por parte do seu avó Juan Delgado (cantautor e guitarrista) e o seu bisavó Pedro Delgado (guitarrista flamenco), último eslavón xenético culpable da inclinación musical e sentimento flamenco que ía crecendo dentro do autor.

Hoxe en día prosegue os seus estudos, perfeccionando o toque e as campás, bebendo do legado que deixaron outros mestres.


Grupo de baile Pasión Flamenca

Grupo de baile Pasión Flamenca, elegancia e forza sobre o escenario. Alegrías, tangos, sevillanas, rumbas, bulerías e moito máis da man de bailaríns de todas as idades; dirixidos e coreografiados por Silvia Moreno, avalada con 34 anos de experiencia no mundo do baile flamenco en Galicia.


Espectáculo Pasión Flamenca


Cabecera-web-ecultura.png