ACTUALIZACIÓN: APRAZADO POR PREVISIÓN DE CHOIVA
| Domingo 3 de marzo. 2019
| Ás 20:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Quimera é un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía se entrelazan. Calquera ilusión, produto da psique, por improbable que pareza pode tornarse realidade. Pablo Méndez xoga neste espectáculo coa maxia buscando a sorpresa do espectador. Mediante unha linguaxe visual e acrobática esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final. Unha aventura que non te deixará indiferente.