| Venres 5 de xullo. 2024
| Ás 19:00 h
| Barrio de San Bieito » ver mapa
Compañía: Polo correo do vento | Patrocina: Deputación de Pontevedra
Un espectáculo teatral para festexar as Letras Galegas e divulgar a traxectoria da autora homenaxeada neste 2024. A actividade terá lugar no barrio de San Bieito, a partir das 19:00 horas.
Polo Correo do Vento será o encargado de executar este contacontos ilustrado que consistirá, por unha banda, na narración da vida de Luísa Villalta e na creación dunha ilustración sobre a autora. Ademais, abrangue a interpretación de distintas pezas musicais e pecharase cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante. Completarase a sesión cun obradoiro no que cada asistente realizará a súa propia caricatura de Villalta.
A Real Academia Galega (RAG) dedicoulle o Día das Letra Galegas 2024 á escritora, filóloga e violinista galega Luísa Villalta. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigos xornalísticos e traducións, e a RAG destaca dela que foi “creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90”.