Evocamiño

| Martes 3 de novembro. 2026
| De 16:30 a 18:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Evocamiño

Unha iniciativa promovida por INSATI coa colaboración de AFAGA Alzheimer, Xunta de Galicia e Concello do Porriño


EVOCAMIÑO: unha viaxe virtual polo Camiño de Santiago chega ao Porriño

O Porriño acollerá o martes 3 de novembro unha actividade moi especial para descubrir o Camiño de Santiago dunha maneira diferente, a través da realidade virtual, das lembranzas e das historias das persoas que forman parte del.

A partir das 16:30 horas, a Praza do Concello converterase nun espazo de encontro e participación coa chegada de EVOCAMIÑO, unha proposta que invita a vivir o Camiño Portugués a través dos seus paisaxes, das súas xentes e das súas experiencias.

As persoas asistentes poderán mergullarse nunha experiencia de realidade virtual, escoitar testemuños e historias vinculadas ao Camiño, participar nun obradoiro creativo de cunchas e levar unha lembranza do evento grazas a un photocall con fotografías e chaveiros.

A xornada rematará ás 18:00 horas cunha merenda para compartir entre todas as persoas participantes.

EVOCAMIÑO é unha iniciativa promovida por INSATI coa colaboración de AFAGA Alzheimer, que busca conectar xeracións, recuperar lembranzas e poñer en valor a riqueza cultural e humana do Camiño de Santiago.

A actividade é gratuíta e está aberta a todos os públicos. Unha oportunidade para descubrir, lembrar e emocionarse co Camiño sen saír do Porriño.



Evocamiño

Evocamiño