Expectáculo Mixturarte: Ana Belén Rodríguez García

| Domingo 14 de agosto. 2022
| Ás 22:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Expectáculo Mixturarte: Ana Belén Rodríguez García

Espectáculo: Mixturarte
Xunta de Galicia. Cultura no Camiño, Xacobeo 21-22. AGADIC


A espiña dorsal de “MixturArte” componse de 12 temas e lonxe de ser un concerto de piano tradicional, se convirte nunha experiencia onde se estimulan todos os nosos sentidos. Ana Belén Rodríguez Garda é o prisma que recolle a luz do pasado, o clásico, a idea dun piano como instrumento das grandes obras e un público selecto; e o descompón nun arco da vella fresco, moderno e cercano a todos. A pantalla no escenario encárgase de que ninguén se perda o movemento das súas mans mentres se mostran vídeos que completan o significado dalgúns dos temas. Pinceladas deste espectáculo que crean un lenzo de variadas cores e estilos enmarcado en entretemento para toda a familia e para tódolos públicos. A segunda metade do concerto chega enérxica e explosiva co latin jazz de Armandos’ s Rumba, Spain ou La comparsa.

A proxección de vídeos continúa como recurso unificando ámbalas partes do directo. As armonías crecen cos novos matices da interpretación, as mans móvense máis rápido, os dedos parecen impulsar as teclas sen tocalas, coma se dunha áurea se tratase, fan saltar as notas dende o piano aos espectadores, penetrando no oído e o ritmo inqueda ao máis tímido, que non pode, como mínimo, impor a súa vontade a do seu pé, golpeando rítmicamente o chan. Se o dinamismo non fose suficiente, a aparición intermitente en diferentes temas doutros músicos coma son a cantante Noelia Rodríguez (Vigo) e o multinstrumentista Kiri Cabaleiro (Mos), fan engrosar a calidade do directo. Ambos músicos utilizan diferentes loopers e equipos de efectos e interpretación dixitais que levan esta proposta a un equilíbrio perfecto entre arte, técnica, vangarda e entretemento.


Cabecera-web-ecultura.png