| Inauguración o venres 3 de marzo, ás 19:00 h. 2023
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
Do artista: David Pérez Rego “Cato”
Baixo o título “Arquitectura, debuxo e tinta”, o próximo venres 3 de marzo de 2023, ás 19.00 horas, inaugúrase no Centro Cultural do Porriño unha exposición de debuxo do artista porriñés David Pérez Rego “Cato”.
A través de trinta debuxos orixinais realizados con estilógrafo, nesta exposición se ofrece unha visión do patrimonio arquitectónico porriñés e da contorna realizados por este debuxante, escritor e bibliotecario do Porriño, que xa ten participado anteriormente en diversos proxectos culturais, tanto persoas coma colectivos.
O traballo artístico de David caracterízase por reproducir ao detalle arquitecturas do patrimonio galego con estilógrafo, en tinta negra, empregando unha técnica de punteado e raiado minuciosos que lle permite obter láminas de gran realismo. Para cada debuxo, composto de milleiros de pequenos trazos, emprega ducias de horas de observación, análise e traballo preciso, conseguindo reproducir en papel obras salientables da arquitectura galega.
A exposición estará aberta durante todo o mes de marzo.