| Durante as festas do Entroido 2023
| De 09:00 a 20:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
Organiza: Concellería de Educación e Normalización Lingüística,
OMIX e Servizo de Normalización Lingüística do Porriño
A inclusión está moi presente no deseño de Helena Gayoso, a alumna do CEIP Xosé Fernández López que resultou gañadora do II Concurso Escolar de Carteis de Entroido. Tal e como explicou “no meu deseño quixen reflectir a idea de que o Entroido do Porriño é para todos e todas, unhas festas das que podemos disfrutar todos por igual sen importar as nosas diferencias”.
O seu cartel, ademais de impoñenrse na súa categoría, foi o elexido polo xurado -formado polo alcalde, Nuria Vilanova, Juancho Castaño, Nito Pereira, Andrea González e Chelo Rodríguez- de entre os máis de 200 que se presentaron.
No concurso tamén resultaron premiados Lara Villanueva do CEIP Xosé Fernández López (1º Categoría de 6 a 8 anos), Julia Varela do CPR Hermanos Quiroga (2º Categoría de 6 a 8 anos) , Xoel Conde do CEIP P. Antonio Palacios (3º Categoría de 6 a 8 anos), Mara Vicente do CPR Hermanos Quiroga (2º Categoría de 9 a 12 anos), María Delgado do CEIP P. Antonio Palacios (3º Categoría de 9 a 12 anos), Laura Puime (1º Categoría de 13 a 16 anos), Sara Romero (2º Categoría de 13 a 16 anos) e Alicia Rodríguez (3º Categoría de 13 a 16 anos).