| Ata o 26 de febreiro. 2024
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
Organizan: Concellería de Educación e Normalización Lingüística e OMIX do Porriño
O Concello deu a coñecer o cartel oficial do entroido porriñés deste ano. O deseño de Carmen Sebastián Díaz foi o elexido polo xurado do III Concurso Escolar de carteis do Entroido 2024. Carmen ten 8 anos e é alumna de segundo curso de primaria no colexio Hermanos Quiroga. O seu deseño representará ás festas da vila e ela subirá, xunto cos pregoeiros de Afaga, ao balcón da Casa Consistorial.
Convidámosvos a disfrutar da exposición dos carteis de Entroido dos nenos e nenas do Porriño. Podedes vela na sala de entrada do Centro Cultural, estamos seguros que quedaredes abraiados coa calidade e o nivelazo que hai.
Premiados por categorías
De 6 a 8 anos:
- 1º premio: Carmen Sebastián Díaz (CPR Hermanos Quiroga) – CARTEL GAÑADOR ABSOLUTO
- 2º premio: Johan Villasboa (CPR Hermanos Quiroga)
- 3º premio: Icía Regueiro Pintos (CPR Hermanos Quiroga)
De 9 a 12 anos:
- 1º premio: Lucas Rodríguez Rodríguez (CEIPP Antonio Palacios)
- 2º premio: Naira Domínguez Domínguez (CPRHermanos Quiroga)
- 3º premio, premio: Xabier Lorenzo Cardoso (CEIPP Antonio Palacios)
De 13 anos en diante:
- 1º premio: Xiana Teijeiro Ramilo (CPR Santo Tomás)
- 2º premio: Mara Vicente Núñez (CPR Hermanos Quiroga)
- 3º premio: Carla Marques Vaquero (CPR Santo Tomás)
Cartel gañador do III Concurso Escolar de Carteis do Entroido. Obra de Carmen Sebastián Díaz, de 8 anos de idade e alumna de segundo curso de primaria no colexio Hermanos Quiroga.