Exposición de cabazas polo Samaín 2024

| Días 31 de outubro e 1 de novembro. 2024
| Rúas da vila
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño

Exposición de cabazas polo Samaín 2024

Organizan: OMIX do Porriño e Concellería de Educación


Desde a OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño, co gallo do Samaín 2024, convidamos os/as nenos/as de Educación Primaria dos colexios do Porriño, Aceesca e á asociación Afaga, a participar na decoración de calacús, tal e como se vén facendo nestes últimos anos co motivo do Samaín. Este ano a temática é libre e o material decorativo tamén. Non houbo restricións técnicas nin materiais. Os traballos presentados polo alumnado fixeron un total de 513 calacús e na súa decoración participaron un total de 856 alumnos/as. As cabazas serán recollidas o 30 de outubro a partir das 9:00 h en cada centro participante.

Desde ás 14:00h do día 31 de outubro ata as 23:55 h do 1 de novembro, dende a fonte do Cristo ata, aproximadamente, o final do barrio de San Bieito poderá visitarse a exposición por parte das familias e público en xeral.

A retirada das cabazas, por parte do alumnado, non poderá realizarse ata as 23:55 h do venres 1 de novembro. A partir desa hora as familias que así o desexen poderán pasar a recuperar as súas cabazas. Por tratarse de pezas perecedoiras, o Concello non se fai responsable da súa integridade.

O persoal de limpeza do Concello retirará as restantes a partir das 8 h do sábado 2 de novembro e procederá á súa reciclaxe.



Cabecera-web-ecultura.png