Exposición de calacús dos centros educativos do Porriño nás rúas da vila

| Sábado 31 de outubro. 2020
| De 12:00 a 22:30 h.
| Rúas da vila
Exposición de calacús dos centros educativos do Porriño nás rúas da vila

Desde a Concellería de Educación e a OMIX do Porriño, co gallo do Samaín convidamos aos nenos e nenas de primaria dos colexios do Porriño a participaran na decoración de calacús tal e como se ven facendo nestes últimos anos. A temática foi libre e o material decorativo tamén, non houbo restricións técnicas nin materiais.

Finalmente, serán 205 cabazas as que estarán expostas nas rúas da vila, desde as 12:00 h. ata as 22:30 h. do sábado 31 de outubro.

A partir do sábado 31 de outubro, ás 22:30 h., as/os nenas/nenos/pais/nais que así o desexen, poderán pasar a recuperar as súas cabazas. Por tratarse de pezas perecedoiras o concello nos se fai responsable da súa integridade. Os demais traballos serán recollidos por persoal do Concello para a súa posterior reciclaxe.


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png