Exposición de pintura: “Verdades e quimeras”

| Do 4 de maio ao 2 xuño. 2022
| Inauguración ás 20:00 h do mércores 4 de maio
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Exposición de pintura Verdades e quimeras

Autor: Nito Pereiro-Oliveira
Organiza e patrocina: Concello do Porriño


A Concellería de Cultura do Concello do Porriño organiza e patrocina a exposición de pintura “Verdades e quimeras”, do pintor porriñés Nito Pereiro-Oliveira. A inauguración da exposición terá lugar o día 4 de maio, ás 20:00 h, e poderá visitarse ata o día 2 de xuño no Círculo Recreativo e Cultural. A entrada é libre e de balde.


Nito Pereiro-Oliveira

Nacido en Porriño en 1952 e dedicado profesionalmente á pintura desde o ano 1985.

Nito Pereiro-Oliveira é un dos máis prolíficos artistas plásticos do Porriño. É membro de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos) e da Asociación Española de Pintores e Escultores. Durante estes anos de pandemia desenvolveu unha incesante e recoñecida labor. Participou, por citar algunhas, na Exposición colectiva 40+1 na Casa de Cantabria en Madrid, Exposición en Galería Souto de Vigo, “REENCUENTRO” na Galería Santana Art de Madrid, “VERANO” na galería OCCO-ART de Madrid, “CINCO MIRADAS” na Galería ALEMI de León, “PRIMAVERA na galería OCCO-ART de Madrid. Destaca tamén a súa recoñecida obra, “Intento Mirarte” que obtivo o premio BALUARTE na 85º Edición do Salón de Otoño, que estivo exposta na prestixiosa Sala Baluarte do Centro Cultural Adolfo Suárez de Madrid, e que hoxe pode disfrutarse na mostra do Porriño.


Intento mirarte para verme
y cuando te veo, me miro.
Eres igual que yo
y al mirarte, no te veo.
¡Ah, sí! eres tras la ventana
¡Ah, sí! miramos… y nos vemos.

Exposición de pintura Verdades e quimeras. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png