Exposición do IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido

| Do 20 ao 28 de febreiro. 2025
| De luns a venres, de 9:00 a 20:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde

Exposición do IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido

A ilustración de Carla Marques Vaquero, alumna de 4º de ESO do Colexio Santo Tomás, foi a elixida como imaxe representativa deste ano tras proclamarse gañadora do IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido.


CATEGORÍA 1: De 6 a 8 anos

  1. Thelma Táboas Fernández, 8 anos (2º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.
  2. Sofía Alonso Pérez, 8 anos (3º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.
  3. Joaquina, 8 anos (Colexio Xosé Fernández López).

CATEGORÍA 2: De 9 a 12 anos

  1. Carla Sanandrés, 12 anos (1º ESO), IES Ribeira do Louro.
  2. Leire Hermida Fernández, 11 anos (6º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.
  3. Mario Pintos Romero, 11 anos (6º E. Primaria), Colexio Santo Tomás.

CATEGORÍA 3: De 13 a 16 anos

  1. Carla Marques Vaquero, 16 anos (4º ESO), Colexio Santo Tomás.
  2. Gabrielly Silva Pereiro, 14 anos (2º ESO), Colexio Hermanos Quiroga.
  3. Gastón Gaitán Monte de Oca, 14 anos (3º ESO), IES Ribeira do Louro.

Accésit especial:

  • Ibai Gómez Germán, de 17 anos (ACEESCA), en recoñecemento á súa creatividade e orixinalidade.

Cartel Entroido 2025. Concello do Porriño

Cartel gañador do IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido. Obra de Carla Marques Vaquero, alumna de 4º de ESO do Colexio Santo Tomás


A Concellería de Educación e Normalización Lingüística, que dirixe Carolina González, e a OMIX do Concello do Porriño convocan o IV Concurso Escolar de Carteis de Entroido como xeito de promover esta festa entre a veciñanza, sobre todo entre o sector da poboación máis nova. É así que o certame está dirixido ao alumnado dos centros educativos do Porriño con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, así como a todo o alumnado de Aceesca.

Establécense tres categorías de acordo coa idade, nas que haberá, para cada unha delas, 1º, 2º e 3º premio, baseados en artigos de material escolar. Ademais, o xurado resérvase o dereito de conceder un accésit á creatividade e/ou diversidade dalgunha obra que destaque por ofrecer unha visión única ou un enfoque especialmente orixinal. E, de entre todos os participantes, escollerase un cartel gañador que será a imaxe oficial para promover o entroido do Concello do Porriño 2025. A persoa autora deste cartel será unha das pregoeiras do entroido e as demais premiadas poderán acompañala no momento da lectura no balcón da casa consistorial.

Cada centro poderá participar con ata cinco carteis por categoría e a participación será individual. Os carteis poderanse entregar ata luns día 17 de febreiro no centro cultural.

A mensaxe que conteña o cartel do entroido presentado deberá estar escrita en lingua galega e valorarase, de xeito especial, o xogo coa lingua, xa sexa mediante rimas, cantigas (tradicionais ou inventadas), refráns ou frases feitas asociadas a esta época do ano. En todo caso, sempre deberá engadir o seguinte texto: ENTROIDO 2025 CONCELLO DO PORRIÑO. Todas as características técnicas, contido e xeito de presentar os debuxos recóllense nas bases do propio concurso.

Tódolos carteis serán expostos ao público na sala de exposicións do centro cultural, así coma no blog do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño e nas súas redes sociais.



Cabecera-web-ecultura.png