| Ata que remate o Entroido. 2026
| De luns a venres, de 9:00 a 20:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde

A ilustración de Javier Fernández Alonso, de 14 anos e alumno de 3º de ESO do Colexio Santo Tomás, foi a elixida como imaxe representativa deste ano tras proclamarse gañadora do V Concurso Escolar de Carteis do Entroido.
Examinados os carteis presentados polas persoas participantes a este concurso e tras a deliberación do xurado, por unanimidade e seguindo os criterios de orixinalidade, beleza artística e emprego da lingua galega, propón conceder os seguintes premios en cada unha das 3 categorías:
CATEGORÍA 1: De 6 a 8 anos
- Premio: Yael Pérez Romero , 7 anos (2º E.Primaria). Colexio Cruz-Budiño.
- Premio: Vera Fernández Rodríguez , 8 anos (3º E. Primaria). Colexio Hermanos Quiroga.
- Premio: Xabi Álvarez Rama, 8 anos (3º E. Primaria). Colexio Hermanos Quiroga.
CATEGORÍA 2: De 9 a 12 anos
- Premio: Álex Lago Alonso, 11 anos (6º E. Primaria) . Colexio Fernández López.
- Premio: Mario Romero Pérez, 9 anos (4º E. Primaria). Colexio Hermanos Quiroga.
- Premio: Mario Pintos Romero, 12 anos (1º ESO). Colexio Santo Tomás
CATEGORÍA 3: De 13 a 16 anos
- Premio: Javier Fernández Alonso, 14 anos (3º ESO). Colexio Santo Tomás – GAÑADOR ABSOLUTO. IMAXE DO ENTROIDO 2026 –
- Premio: Lizar Alonso Martínez , 13 anos (2º ESO). Colexio Hermanos Quiroga.
- Premio: Daniela Rodríguez Blanco, 14 anos (3º ESO). Colexio Santo Tomás.
ACCÉSIT ESPECIAL:
Ademais, o xurado decide conceder un accésit á creatividade e/ou diversidade dunha obra que destacou por ofrecer unha visión única ou un enfoque especialmente orixinal, a: Dunia Pérez Méndez, 19 anos, ACEESCA.
Os premios a estes 10 participantes serán entregados o xoves 5 de febreiro ás 18:00h na sala de comunicacións do Concello do Porriño.
A persoa autora do cartel escollido como imaxe do Entroido do Porriño 2026 será unha das pregoeiras do Entroido 2026 e as/os demais premiadas/os poderán acompañala no balcón da Casa Consistorial o vindeiro sábado 14 de febreiro de 2026.
Todos os carteis serán expostos ao público no Centro Cultural Municipal durante as festas do Entroido.

Cartel gañador do V Concurso Escolar de Carteis do Entroido. Obra de Javier Fernández Alonso, de 14 anos e alumno de 3º de ESO do Colexio Santo Tomás





