Exposición: Flores para As Meninas

| Do 16 ao 31 de outubro. 2018
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Exposición: Flores para As Meninas

A concellería de Ensino e Participación Cidadá do Concello de Ponteareas que dirixe Cristina Fernández abre fronteiras para que as trinta Meninas realizadas por colectivos e centros de ensino de toda a área metropolitana expoñan a súa beleza e creatividade nos diferentes concellos veciños. Organizadas por quendas, as Meninas visitarán os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, Salceda, Covelo, As Neves, A Cañiza e O Porriño.

No Concello do Porriño, as Meninas de Ponteareas estarán do 16 ao 31 de outubro, expostas no Centro Cultural municipal para que toda a cidadanía poida desfrutar destas obras de arte realizadas na súa maior parte con materiais de refugallo.

O proxecto “Flores para as Meninas” creado pola profesora Pilar Gallego e dirixido dende a concellería de Ensino de Ponteareas, contou coa colaboración de toda a comunidade educativa e distintos colectivos que agasallaron estas pezas para que logo puideran ser patrocinadas e doados os cartos conseguidos a unha entidade sen ánimo de lucro.


Cabecera-web-ecultura.png