| Dende o 19 de outubro. 2016
| Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
O mércores, día 19 de outubro, ás 19:30 h. , inaugúrase a exposición fotográfica “Macro e auga”. O fotógrafo Juan Carlos Giráldez, da parroquia de Atios, é o autor das obras que se expoñerán no Centro Cultural Municipal.
Juan Carlos Giráldez recoñécese especialmente apaixonado pola fotografía macro, que ofrece a posibilidade de destacar o máis imperceptible detalle de plantas, insectos, obxectos… A escala ampliada do obxecto/suxeito retratado, consegue centrar a atención naqueles elementos que habitualmente pasan desapercibidos a simple vista.
Realizouse un concurso entre os visitantes da exposición fotográfica Macro e auga, no que participaron 324 persoas e resultou gañadora Rosana.
Os visitantes da exposición elixiron a fotografía que máis lles gustaba, resultando seleccionada a seguinte imaxe: