Exposición fotográfica: XII Certamen Viaxando

| Do 10 ao 30 de xaneiro. 2019
| OMIX. Planta baixa do Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFíA: “XII CERTAME VIAXANDO”

Do 10 de xaneiro ao 30 de xaneiro de 2019, poderá visitarse na OMIX do Concello do Porriño – Centro Cultural Municipal (planta baixa) – a Exposición de fotografía “Viaxando”, que mostra os traballos presentados ao XII Certame de fotografía do mesmo nome.

Este Certame, que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía, foi creado no ano 2007 polas Oficinas de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos do O Porriño , O Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar e o Espazo Xove de Tui dentro do traballo en rede que veñen realizando ao longo destes anos.

Participaron un total de 13 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 a 30 anos. No ano 2018 o gañador, una vez reunido o xurado, foi Sergio Lorenzo Ares, natural de Tomiño, pola súa foto “Comeza a Viaxe”, que encabeza este artículo.


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png