Actualización: nova incorporación ao programa
| Do 8 ao 29 de maio. 2023
| Inauguración o luns 8 de maio, ás 19:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
Asociación O Porriño Arte
A Asociación O Porriño Arte quere achegar as súas creacións, que plasman obras da pintura galega dos séculos XX e XXI, no mes adicado ao noso insigne intelectual Francisco Fernández del Riego. Deste xeito únense gozosamente á conmemoración, un ano máis, da nosa lingua e literatura que, dende hai 60 anos, concretamos no Día das Letras Galegas.
A exposición inaugúrase o luns 8 de maio ás 19:00 h, no Centro Cultural Municipal, e permanecerá aberta ata o 29 de maio.