ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa
| Dende o 25 de abril e durante todo o mes de maio. 2025
| Centro Cultural Municipal » ver mapa

Promovida pola Secretaría Xeral de Lingua da Xunta de Galicia a través do Servizo de Normalización Lingüística do Porriño
A Secretaría Xeral da Lingua promove a exposición e mais a unidade didáctica que forman o material editado con ocasión do Día das Letras Galegas 2025.
Esta iniciativa responde ao desexo de afondar no coñecemento das cantareiras e a poesía popular oral, as homenaxeadas este ano e achegar o seu legado á sociedade galega a través de materiais didácticos novos e orixinais.
Difunde, ademais, a proposta de unidade didáctica elaborada polo IES Castelao de Vigo, Canta que cadramos ben [+ info], que resultou premiada no Concurso das Letras Galegas 2025 na categoría de secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Coa difusión destes traballos, a SXL, ademais de dar a coñecer o amplo repertorio histórico histórico e etnográfico que constitúe a nosa literatura tradicional, pretende darlles visibilidade a todas as mulleres que, dende o anonimato, conservaron e transmitiron unha tradición centenaria que segue a deixar pegada nas novas xeracións.
A exposición está dispoñible dende o venres 25 de abril de 2025 e durante todo o mes de maio, mes das Letras Galegas, no vestíbulo do Centro Cultural Municipal (lugar onde se sitúa o Servizo de Normalización Lingüística do Porriño).

