Exposición “Texturas dunha Guerra Invisible”

| Do 10 ao 24 de abril. 2021
Vestíbulo do Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforo restrinxido por protocolo covid

| Inauguración: 10 de abril, ás 20:00 h.
| Acto de finalización da expo: 24 de abril, ás 19:00 h.

Exposición "Texturas dunha Guerra Invisible"

Dende a Concellería de Cultura váise levar a cabo durante o mes de abril a exposición “Texturas dunha Guerra Invisible”, a cargo da artista Galia Baba Chamah.
Esta actividade é máis que unha exposición convertíndose nunha xornada de arte e música en directo, coa actuación da pianista Ana Belén Rodríguez e a cantante Noelia Álvarez, interpretarán cancións como Aleluya de Leonard Cohen; Lela, Memory de la banda sonora de Cats; Sahara da Banda Tongo xunto con Nadhira Mohamed Buhoy.

Texturas dunha Guerra Invisible


Inauguración

A inauguración será o 10 de abril, ás 20:00 h., no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. Iniciarase coa actuación da pianista Ana Belén Rodríguez e a cantante Noelia Álvarez. Posteriormente, a presentación será a cargo da Concelleira de Cultura, Cami Moreira Fontán e intervirá tamén a artista Galia Baba Chamah. Finalizará o acto cunha visita a exposición.

Exposición "Texturas dunha Guerra Invisible"


Acto de finalización da exposición

O acto de finalización da exposición terá lugar o sábado 24 de abril, no auditorio do Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h.

Proxectarase a película documental Hamada, de Eloy Domínguez Serén, coa colaboración do Festival de Cans dentro do seu ciclo “Cans todo o ano” e contarase coa presencia do seu director, Eloy Domínguez Serén. Posteriormente haberá un coloquio con Galia, con Mohamed Zerga, Delegado Saharauí en Galiza, con Maite Isla, presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e con Eloy Domínguez Serén, director da película.

A inscrición para asistir ao evento estará aberta desde o 19 ao 22 de abril, a través do seguinte enderezo electrónico: cultura@oporrino.org, indicando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos de cada participante.
  • Número de teléfono.
  • Indicar en asunto: “Inscrición proxección filme Hamada”.

Exposición "Texturas dunha Guerra Invisible"

HAMADA

Título orixinal: Hamada
Ano: 2018
Duración: 89 min.
País: Suecia
Director: Eloy Domínguez Serén
Música: Kjetil Schander Luhr
Fotografía: Eloy Domínguez Serén
Intervencións de: Sidahmed Salec Labeid, Taher Mulay Zain, Ainina Sihamed Mohamed e Zaara Mohamed Saleh
Produtoras: Co-production Suecia-Noruega-Alemania; Fuglene AS, Majade filmproduktion, Momento Film
Xénero: documental


Sinopse:
No medio dese deserto da nada que é o Sahara críanse as xeracións ás que Marrocos negou o país en 1975. O tempo presente pasa matando as horas pero es novo e hai amigos, hai risa necesaria, hai ideas rebeldes e hai soños inconformistas devanditos moi alto e claro. Lonxe de humillar cabeza, arranxan coches que poidan correr, aínda que non vaian máis aló dos aramados e muros que os queren retidos e invisibles. E ata protexidos se non molestan.



Coincidindo co evento, a Biblioteca Municipal aproveita para facer unha selección de libros sobre o Sáhara: libros infantís, narrativa e libros de divulgación sobre o conflito saharauí e desa fermosa e moitas veces descoñecida parte de África. Todos os libros están á disposición na Biblioteca Municipal.

>> Libros sobre o Sáhara [ + info<<

Libros sobre o Sáhara


Texturas dunha Guerra Invisible

Texturas dunha Guerra Invisible


Cabecera-web-ecultura.png